Montes de Galicia

VIII Congreso Galego de Comunidades de Montes

Sábado 23 e domingo 24 de maio de 2026

Casa da Cultura, Allariz (Ourense)

“montes veciñais: pasado, presente e futuro vivos”
Cartaz do VIII Congreso Galego de Comunidades de Montes

Os días sábado 23 e domingo 24 de maio de 2026, na Casa da Cultura do concello de Allariz (Ourense), celebrarase o VIII Congreso Galego de comunidades de montes baixo o lema “montes veciñais: pasado, presente e futuro vivos”.

O VIII Congreso Galego de comunidades de montes vai desenvolverse nunha situación tremendamente agresiva contra os montes veciñais e contra as comunidades de montes. É ben coñecido que se está elaborando un borrador para unha nova lei de montes veciñais que ten como obxectivo a eliminación dos montes veciñais como titularidades de carácter xermánico, para municipalizar algúns montes veciñais e privatizar os outros.

Para deter este serio intento de que desaparezan os montes veciñais do territorio galego a asistencia das comunidades de montes a este VIII Congreso é fundamental. É un Congreso aberto á asistencia de todas as comunidades de montes de Galiza, e participativo.

Aquelas comunidades de montes que queiran presentar achegas aos dous relatorios que se van debater poden facelo enviando as súas achegas, o antes do día 14 de maio de 2026, ao correio electrónico evamvcoiro@gmail.com ou ao enderezo postal: Centro Veciñal de Valadares - Camiño do Pedregoso n.º 6 - 36314 Vigo.

Documentación

Relatorios

Consulta a documentación central que se debaterá no VIII Congreso en Allariz.

Descargar PDF